“Recreación histórica” – Xulio Xiz

14 Agosto 2026

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización.

O mesmo acontece con labores extintas, como o cultivo do liño en Vilalba, ou as vellas mallas que, extinguido no país o cultivo do pan, son como un lamento polo rural que se nos foi. Ou cos mercados medievais, fórmula propicia para o comercio de sempre, con roupas do pasado, e produtos intemporais.

De ordinario as celebracións históricas veñen supoñer unha visión do pasado co prisma de hoxe, convertendo en festa traxedias doutrora. E pode haber festas viquingas séculos despois (os devanceiros rezaban “a furore normannorum, liberanos dómine”), pero chámame a atención a recreación celebrada en Torés das tropas falanxistas e os “escapados”, que se achega temporalmente a unha realidade tráxica, da que pode que alguén garde memoria directa.
Facer en Lugo festa da tráxica conquista romana cos galaicos sacrificados no Medulio, non compromete a nada e a todos conforta. Pero falar de fuxidos e falanxistas pode remover conciencias, que supoño hai fillos e netos de falanxistas que quizais non coñezan a historia familiar, e descendentes de fuxidos que seguen cargando coa dor herdada.

O último dos “escapados”, “O Piloto”, foi abatido en 1965 en Chantada, e da miña nenez gardo a sombra da historia dun parente asasinado polos falanxistas das Pontes. Cando os feitos non doen, que viva a festa!. Cando a memoria dos feitos aínda raña nas almas, facer festa pode ser combater dores históricas, pero tamén avivar rescoldos vivos.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.