“Un trío para bailar no Sáhara Occidental, con USA de espectador interesado”. Antón Luaces

01 Agosto 2026

Hai pouco máis dunha semana, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, realizou unha visita de Estado a Alxeria. O obxectivo non era outro que pór remate á crise diplomática aberta en 2022 polo Sáhara Occidental, con Marrocos moi atento ao que desa visita poidera producirse.

Esta visita do 20 de xullo de Pedro Sánchez a Alxeria permitiu restablecer as relacións cordiais previas ao recoñecemento da marroquinidade do Sáhara Occidental, paso asimesmo previo  ao comezo,, o 23 de xullo, da tramitación no Congreso dos Deputados dunha proposición de lei de SUMAR para recoñecer a nacionalidade española a tódolos saharauis nacidos antes de 1975, ano no que se produciu a retirada española do Sáhara. Este recoñecemento pode beneficiar a 60.000 saharauis, unha forza a prol do enfrontamento con Marrocos que cómpre ter en conta.

A medida outorga aos mencionados saharauis un pasaporte de España/Unión Europea cun peso específico que non agradou a Marrocos (non é o mesmo deter un saharaui que un español da UE).

E a crise migratoria en Ceuta ten outro punto de atención: o peche por España da fronteira de Melilla con Marrocos após o intento de entrada na cidade española de centos de persoas.

Estados Unidos e Israel son os grandes  aliados de Marrocos; Alxeria e a Fronte Polisaria, os seus grandes inimigos, con séculos se historia. Marrocos existe hoxe en día grazas a unha súa peculiar singularidade: tantear -neste caso a España- en momentos ben elixidos nos que exhibir o seu poderio fronte á verificación dos límites de España, Medjterráneo polo medio.

Rabat elixiu á perfección o día no que debía exhjbjr esa súa forza: fíxoo cadrar coa festa da ascensión ao Trono de Mohamed VI e o “envío” de 50.000 xoves a Ceuta, a cidade española que segue a ser o cravo na sola do zapato marroquí no Mediterráneo con 80.000 habitantes.

Trátase dun “aviso a navegantes” para conformar o Sáhara Occidental en base á histórica relación (privilexiada) de Marrocos con EUA.

En Washington opera un lobby pro Marrocos tan ben engraxado como o está o de Israel, senón máis, a día de hoxe. As bases hispanoamericanas poderían non ser tan decisivas como o foron.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.