O Proxecto Nós busca persoas voluntarias para participar nun estudo sobre a fala sintetizada en galego

27 Xullo 2026

O Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), no marco do Proxecto Nós, buscan persoas voluntarias para participar nun estudo sobre a percepción da fala sintetizada en galego.


O Proxecto Nós, como lembraremos, é unha iniciativa impulsada pola Secretaría da Lingua e materializada pola Universidade de Santiago para reforzar a presenza do galego na tecnoloxía dixital (impulsando o desenvolvemento de recursos lingüísticos, modelos de intelixencia artificial e ferramentas que permitan o seu uso natural en contornas actuais e futuras).
A campaña de voluntariado convocada agora ten como obxectivo analizar como se interpretan diferentes tipos de oracións xeradas por modelos de síntese de voz, estudando aspectos como a entoación e os patróns prosódicos. A través dun breve test auditivo, as persoas participantes escoitarán distintos fragmentos de voz e deberán identificar se corresponden a oracións declarativas, interrogativas, exclamativas ou en suspenso, ademais de valorar a adecuación da súa entoación.
A colaboración consiste nunha proba sinxela cunha duración aproximada de 10 minutos. As respostas obtidas permitirán mellorar os sistemas de tecnoloxías da fala en galego e contribuír ao desenvolvemento de ferramentas máis naturais e precisas.
Para participar só é necesario rexistrarse en FOLERPA e realizar o test a través en liña.
Dende a USC lembran que “a colaboración da comunidade galega en liña é fundamental para seguir avanzando na investigación sobre a nosa lingua e as novas tecnoloxías”.
De feito, o Proxecto Nós ten como obxectivo situar o galego canda as linguas máis desenvolvidas no ámbito da tecnoloxía da lingua e da intelixencia artificial, mediante a creación de infraestruturas básicas como corpus abertos, modelos de linguaxe, tradutores automáticos, recoñecedores de voz e sistemas de síntese. Ademais de garantir os dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante no mundo dixital, a iniciativa contribúe á modernización do tecido empresarial e á creación de novos produtos e servizos baseados no uso do galego en contornas tecnolóxicas avanzadas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.