Mellora progresiva nas Rías Baixas e Compostela mentres o vento do norte gaña forza

24 Xullo 2026

Este sábado 25, Día de Galicia e de Santiago Apóstolo, a inestabilidade irase desprazando cara ao interior, deixando un día de nubes matinais que darán paso ao sol e a un ambiente máis fresco no litoral e na capital galega.

A xornada arrincará con ceos anubrados e algunha brétema ocasional, sen descartar algún orballo feble e illado nas primeiras horas da mañá, máis probable na contorna compostelá e nas zonas máis elevadas. Con todo, a situación mellorará a un ritmo constante: a partir do mediodía as nubes iranse abrindo para deixar paso a amplos claros, sen risco de treboadas.Os chuvascos de tarde quedarán recluídos principalmente nas provincias de Lugo e Ourense.

Termómetros contidos e vento forte nas Rías Baixas

As temperaturas sen cambios entre 24 a 28 graos, deixando un ambiente fresco e agradábel.

A verdadeira novidade do día virá pola man do vento. Aínda que pola mañá soprará frouxo de compoñente norte, pola tarde gañará intensidade ata soprar moderado en todo o litoral das Rías Baixas. Este “nortada” acentuará a sensación de frescura na costa e deixará o mar algo máis picado co paso das horas.  O vento soprará de compoñente norte, frouxo pola mañá, moderado pola tarde con intervalos fortes nas Rías Baixas.

Resumo da xornada:

  • Rías Baixas: Mañá de nubes baixas que darán paso ao sol pola tarde. Vento do norte moderado con refachos fortes a partir do mediodía.
  • Santiago e comarca: Posibilidade de orballo matinal illado, seguido de apertura de claros. Temperaturas nun lixeiro descenso.
meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 5 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar rizado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.