A décima edición da Festa da Navalla de Aguiño repartirá 600 quilogramos do bivalvo no 9 de agosto

24 Xullo 2026

Aguiño prepárase para unha nova cita gastronómica coa décima edición da Festa da Navalla que servirá entre os comensais uns 600 quilogramos deste bivalvo preparado á prancha a un prezo de 15 euros a ración e amenizado musicalmente por Chiña e Tabernarias. O público poderá tamén degustar arredor de 250 quilogramos de sardiña e setecentas racións de empanada e os tíckets empezarán a venderse a partir das 10.00 horas. Así o deron a coñecer a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro; o concelleiro de Mar e Festexos, Fernando Abraldes; e o presidente da comisión defestas da parroquia aguiñense, Julio Abraldes, xunto a Teruca Sampedro e Pili Millet, integrantes tamén da entidade.

A rexedora destacou o labor do asociacionismo, nomeadamente, das comisións de festas para, nesta ocasión, poñer o foco “nun dos produtos máis venerados do noso mar; un produto que, ademais, ten gran relevancia na lonxa de Aguiño e que será de quilómetro 0, da propia parroquia”.

Neste senso tamén se pronunciou o concelleiro de Mar e Festexos, Fernando Abraldes, quen precisou que toda a navalla será extraída da zona do Castro-A Catía en apnea. Pola súa parte, o presidente da comisión quixo expresar o seu agradecemento á Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño por colaborar, así como ao Concello de Ribeira e á Consellería do Mar da Xunta de Galicia. “Imos facer desta festa que cada ano vaia medrando”, apuntou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.