“Que ninguén quede sen alternativa habitacional” – Antón Luaces

23 Xullo 2026

De se cumprir as previsións,antes de que remate este verán vai ser presentada á súa aprobación polo Congreso dos Deputados un decreto lei que, segundo SUMAR, prorrogará o alugueiro de vivendas ata o ano 2028 e negociará medidas antidesafiuzamento.

Os membros de SUMAR xa anunciaran que presentarían un novo texto con esas medidas e outras complementarias como bonificacións fiscais a caseiros, para convencer a Junts, formación que nun primeiro momento estaba en contra da prórroga dos alugueiros.

O grupo que, ata vai pouco encabezaba a actual vicepresidenta segunda do Goberno, a galega Iolanda Díaz, prometera aprobar  antes da reapertura do período de sesións ese texto e, onte,mércores, xa avanzou parte do contido do mesmo, aínda que polo de agora nada se dixo sobre as medidas de bonificacións fiscais aos caseiros, medida que de ser incluída previsiblemente non vai contar co voto favorable de Podemos.

No novo texto inclúese unha tamén nova prórroga extraordinaria de ata dous anos dos contratos de alugueiro. 

Esta prorroga reforzada poderá ser solicitada polos inquilinos  cuxos contratos vencen ata o 30 de xuño de 2028, o que amplía en case ca un millón de persoas as potenciais beneficiarias desta medida, segundo SUMAR, en total (desde o 21 de marzo de 2026 ata o 30 de xuño de 2028) poderán beneficiarse da prórroga case catro millóns de persoas e un millón e medio de fogares.

O texto tamén inclúe outras medidas, xa anunciadas, como a regulación do alugueiro de temporada e habitacións para acabar co uso fraudulento destes alugueiros como vía de elusión do réxime de alugamento de vivenda cotián e dos límites de prezos nas zonas tensionadas. E tamén un aumento da tributación dos pisos turísticos ata o 21% do IVE e un endurecemento do réxime sancionador sobre a súa publicidade en plataformas, medidas enfocadas a desincentivar o alugueiro turístico.

O novo decreto incluirá unha proposta a negociar cos grupos parlamentarios sobre medidas para protexer ás familias en situación de vulnerabilidade, co obxectivo de evitar os desafiuzamentos e de que ningunha queda sen alternativa habitacional.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.