O Colexio de Graduados Sociais da Coruña ofrece colaboración ao Concello da Pobra

22 Xullo 2026

O vicepresidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, David Doldán reuniuse na mañá deste mércores 22 de xullo co alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal Suárez, iniciando así unha relación de comunicación e colaboración entre ambas as institucións. Entre outros asuntos, abordaron a situación da oficina do INSS na localidade, ofrecéndose a trasladar á Dirección Provincial da Seguridade Social, se fose necesario, calquera demanda de mellora do servizo.

A reunión co rexedor pobrense é a primeira das que desde o Colexio de GGSS coruñés solicitáronse con rexedores da provincia ante as queixas de varios deles con sede de oficinas do INSS respecto ás demoras na atención rexistradas, a falta de persoal e recursos.

“O feito certo”, explican dende o Colexio, “é que o sistema de solicitude de cita previa, que se universalizou en decenas de servizos públicos a resultas da pandemia está saturado, o que xera moitos problemas e afecta gravemente os usuarios máis maiores ou dependentes, que non teñen as capacidades dixitais da poboación de menor idade”. Amais, indican que a derivación a oficinas doutros municipios para unha cita presencial, ás veces a moitos quilómetros de distancia, “supón tamén unha discriminación que afecta de xeito máis grave a esa poboación envellecida ou dependente”.

Precisamente, o presidente do Consejo General de GGSS de España, Joaquín Merchán, mantivo este mesmo martes 21 unha reunión co directora xeral do INSS, Carmela Armesto para abordar diversas cuestións sobre a situación; entre elas, a necesidade de prestar correctamente o servizo de atención telefónica aos profesionais ou, por exemplo, resolver con máis celeridade as resolucións da IP. 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.