“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

21 Xullo 2026

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como máximo responsable municipal continúe sufrindo atentados contra os seus bens particulares ou familiares, sufra insultos ou acoso pola súa xestión pública. Ninguén pode xustificar este tipo de situacións que en nada benefician a unha convivencia harmónica entre os veciños da devandita localidade arousá.

Todos somos coñecedores da violencia exercida, durante décadas, por parte de xente próxima ao contrabando e ao narcotráfico que converteron nunha auténtica polvoreira a zona sur da ría de Arousa. Anos de loita, por parte das nais coraxe, a sociedade civil, as forzas de seguridade do estado así como da Fundación Galega contra o Narcotráfico puideron minorar as consecuencias de tanta violencia e criminalidade.

Vilanova de Arousa foi e é un pobo con xente traballadora que vive maioritariamente do mar e as súas riquezas naturais, desexando continuar así baixo o prisma do respecto e a convivencia. A violencia nunca pode estar xustificada, moito menos cara a un cargo público que nos representa e traballa para a maioría de cidadáns.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.