Cadaquén que pense o que queira, pero para a maioría non hai tempo para nada. Non poden
repensar o pensado, non poden ver o que viron, non poden ir a onde foron, nin ler o que leron,
aínda que non lembren que era aquilo que tanto lles gustara. Vostede, por certo, recorda cal foi o
primeiro artigo que leu desta “Tía Manuela”? Os lectores son do mellor que hai; do mellor que hai
no xornalismo, nos parladoiros, na barra do bar e na mesma mesa da biblioteca ou da sala de
investigación.
Os espectadores son o mellor do bo teatro. E os autores, que son? Regulares, bos, boísimos ou
malos (nunca malísimos). Son os traballadores do teatro, eficientes na demanda da liberdade, desa
liberdade que tanto necesitan os homes de ben, as mulleres de ben e os pobos de ben que queren
ser libres. Liberdade para falar, para escoitar, para actuar, para ser e para andar.
Pero, coidado! Novoneyra do Courel, e poeta de Galicia e internacional, dicía que “de tanto calar xa
falo solo”. Moitos da terra e da época de Uxío Novo Neira, de Parada de Moreda ou de calquera
outra das paradas de Galicia, saben do valor do silencio, aínda que sexa para falar, para orientar e
para dirixir ás multitudes. A esas multitudes que se xuntan e están, a pé firme, diante de calquera
orquestra de verán con playback, ou nalgunhas ocasión, sen el.
Aquí, en Galicia, temos enorme respecto ás grandes orquestras, ás de máis tradición, a Compostela,
Los Satélites ou Miramar; e ás máis novas, como a Panorama, París de Noia, El Combo Dominicano,
Suavecito ou Olympus de Negreira. Estas, e moitas outras, andan polo mundo e os campos das
festas, con camións de tres ou catro eixes, rodando, cantando, interpretando. E, o seu público,
bailando e gozando.
Non hai tempo para nada! As festas son desta época, cando veñen os emigrantes, os nosos
emigrantes que se foron e, para ben de todos, volven cada ano. Aquí están, verán tras verán, como
testemuñas firmes, para dicirlle ao mundo que Galicia existe, que é a súa e a nosa patria, a patria da
alegría e de tódolos cidadáns que precisan amparo e acubillo.
Prezadas lectoras e prezados lectores, neste ano, se poden non perdan a festa. Acudan á sesión
vermú, falen coa veciñanza, vaian xantar e volvan pola tarde e á verbena. Xa o di a tía Manuela, “ao
verte bailar, neste tempo, o pobo é feliz”.
“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López
En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...



