A Pobra instalará unha pantalla xigante para seguir a final da Copa do Mundo de fútbol

17 Xullo 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal convida á veciñanza e ás persoas visitantes a vivir de forma colectiva a final da Copa do Mundo de fútbol, que poderá seguirse este domingo, 19 de xullo, nunha pantalla xigante instalada na Praza Alcalde Segundo Durán.

A cita dará comezo ás 20.00 horas e converterá este espazo nun punto de encontro para desfrutar nun ambiente festivo e aberto a todos os públicos.

Ademais da retransmisión da final, o evento contará con servizo de barra e coa actuación dun DJ, co obxectivo de completar unha proposta de lecer pensada para que a veciñanza poida compartir unha das citas deportivas máis destacadas do ano.

Desde o Concello anímase á cidadanía a achegarse á praza para vivir xunta esta gran final, apoiando ás súas seleccións e desfrutando dunha xornada de convivencia nun ambiente festivo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.