O Concello do Son organiza Xuventude na Rúa, unha xornada de fotografía, deportes, talleres e xogos para a mocidade

16 Xullo 2026

Fotografía, deportes, talleres e xogos para a mocidade. Esa é a proposta encadrada dentro do programa Xuventude na Rúa de Porto do Son.

A iniciativa, dirixida a rapaces de entre 13 e 17 anos (nados entre 2009 e 2013), celebrarase os días 22, 24, 29 e 31 de xullo. O programa continuará tamén en agosto, con propostas os días 5, 7, 12 e 14. Todas as actividades levaranse a cabo de 11.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas poden anotarse a partir do mércores, 15 de xullo, no rexistro municipal ou na sede electrónica cubrindo o formulario de inscrición. Para máis información pódese contactar coa OMIX a través do teléfono 981 767 589 ou a través do correo electrónico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.