As Festas do Santiaguiño de Outes achegarán concertos para todas as idades

15 Xullo 2026

O Concello de Outes compartiu nas redes o cartel das Festas do Santiaguiño edición 2026, que se celebran entre o 24 e o o 26 de xullo en diferentes emprazamentos da Serra, achegando un amplo programa de actividades relixiosas e culturais para veciños e visitantes de todas as idades.

As celebracións comezan o 24 cunha ruada mañaneira a cargo de Jaitas Blue e cunha Misa da Milagrosa na Capela da Serra (ás 12h) coa Coral Francisco Añón. Polo serán (ás 21.00 horas) celebrarase o IX Intercambio de Escolas “Suso Vaamonde”, na Horta do Muíño, e logo (no mesmo emprazamento) actuarán Anxo Araújo (ás 22.30 horas) e Olympus (ás 23.30 horas).

O 25 de xullo arrincará cunha ruada coa Banda Municipal de Outes e logo cunha Misa do Santiaguiño na Capela da Serra (ás 12h), coa Coral Francisco Añón. Ás 20h actuará a Banda Municipal do Concello de Outes na Horta do Muíño, que dará paso a un concerto da cantante galega Catuxa Salom. Logo na praza do Bosque actuará a Orquestra Compostela.

O 26 de xullo comezará cunha ruada a cargo dos Campantes da Baña. Logo haberá unha Misa por San Cristovo coa Coral Pedra Xarpal e ao seu remate sairá a caravana de vehículos até O Freixo. Ao mediodía (ás 13.30h) haberá na Horta do Muíño unha sardiñada amenizada pola Escola de Baile Tradicional do Concello de Outes. Logo proseguirá a festa con D’ Palique, Tanto Nos Ten e a Charanga Mekánica Rolling Banda. Pola tarde haberá inchábeis e xogos para a rapazada e pola noite, na praza do Bosque (ás 22h) actuarán Claxxon e o Grupo Gala.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.