O Concello de Ribeira colabora no desenvolvemento do campamento de verán de ANEDIA

15 Xullo 2026

A asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (ANEDIA) desenvolve o seu quinto campamento de verán para a rapazada, sendo neste ano a primeira vez que o celebran en Ribeira. O Concello colabora na realización destas actividades que reúne a unha trintena de rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, así como unha quincena de monitorado e voluntariado, que proceden de distintos puntos da xeografía galega e padecen diabetes tipo 1.

O concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, desprazouse na tarde deste martes 14 de xullo ata a praia de Coroso onde se atopaban facendo deportes
náuticos como caiac e paddle surf. A xuízo do edil, “é importante apoiar dende as administracións públicas o desenvolvemento destas iniciativas que non só ofrecen actividades de lecer, senón que tamén posibilitan que a rapazada con diabetes tipo 1 aprenda a como regular o consumo de alimentos en función do esforzo físico que realicen. E esta é a primeira vez que o campamento de ANEDIA ten lugar en Ribeira”.

A maiores, as actuais dependencias do Concello de Ribeira continúan albergando a mostra A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, promovida pola dita asociación coa colaboración da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e do Sar A Orixe, e integrada por 19 paneis. Trátase dun proxecto que busca amosar e sensibilizar sobre a realidade das persoas con diabetes e as súas familias dende ese punto de partida que representa o diagnóstico para retratar as diferentes etapas

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.