Os Taberneiros estarán este martes en Teaio (Dodro) cos seus “Cantos Tabernarios”

14 Xullo 2026

Este martes 14 de xullo pola noite estarán en Teaio (Dodro) os integrantes da agrupación Os Cantaberneiros cos seus Cantos Tabernarios. A actuación, encadrado na Rede Cultural da Deputación da Coruña (coa colaboración do Concello de Dodro), dará comezo ás 21.30 horas en Teaio.

Os Cantaberneiros é un grupo de amigos que no verán do 2021 decidiron emprender un proxecto co que recuperar a música tradicional da súa comarca (Narón, Ferrolterra) e os cantos de taberna. O ano pasado realizaron aproximadamente unhas 30 actuacións por toda Galicia. Empregan as voces como instrumento principal, apoiado por acordeón, bombo e prato, treboadas, pandeiretas, cunchas, pandeiras, triangulo, botella de anís, pandeiro e todo tipo de percusións de man.

Parte do repertorio de Os Cantaberneiros está composto por pezas de tradición oral onde arranxan a música para adaptala ás melodías aprendidas. A outra parte do repertorio componse de cancións populares e de taberna: O gato, Miudiño, San Benitiño, A Rumboia…

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.