O Concello de Ribeira, beneficiario dunha subvención para a mellora dos vestiarios do Campo de Fútbol de Aguiño

11 Xullo 2026

O Concello de Ribeira resultou beneficiario dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental para a mellora da envolvente dos vestiarios do Campo de Fútbol de Aguiño (Campo da Tasca).

O orzamento total do proxecto sitúase nos 56.507’81 euros, dos cales a Xunta de Galicia aporta o 56’63%, que se corresponde con 32.000 euros.

Esta achega permitirá seguir mellorando as infraestruturas deportivas do municipio, focalizándose nun campo con gran actividade.

“Continuamos na senda de acondicionar as instalacións deportivas para incrementar as prestacións para as persoas usuarias, tanto deportistas como público que accede ás mesmas. E, desta vez, poñemos o foco na mellora da envolvente dos vestiarios do Campo de Fútbol de Aguiño; un recinto con moita actividade deportiva no que queremos facilitar o día a día dos futbolistas que alí adestran e xogan partidos”, explica o concelleiro de Deportes, Álex Vidal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.