A pobrense Raquel Sendón toma posesión como decana de Farmacia

09 Xullo 2026

Raquel Sendón toma posesión como decana de Farmacia co propósito de “seguir contribuíndo ao progreso e o coidado da sociedade”

A nova decana asume o cargo nun momento clave, marcado polo inicio das obras do novo edificio do centro e as vésperas do seu 170º aniversario.

A reitora (á esquerda) felicita á nova decana. / Foto: Santi Alvite.

A profesora Raquel Sendón tomou posesión oficial este xoves como nova decana da Facultade de Farmacia, un centro histórico que en 2027 cumprirá 170 anos de existencia. Durante o acto, Sendón destacou o orgullo polos profesionais formados na facultade —esenciais en ámbitos como a saúde pública, a investigación biomédica, a industria farmacéutica e a seguridade alimentaria— e fixou como obxectivo prioritario que o centro sexa recoñecido como un referente non só estatal, senón internacional.

“Debemos seguir contribuíndo ao progreso e o coidado da sociedade, ofrecendo unha docencia de calidade, pero tamén desenvolvendo unha investigación avanzada que dea resposta as retos desta sociedade”, subliñou a nova decana.

Retos de futuro e actualización académica

Entre os principais desafíos do seu mandato, Sendón sinalou a necesidade de modificar o plan de estudos para adaptalo aos rápidos avances das ciencias farmacéuticas dos últimos anos, atendendo así ás novas demandas da sociedade e ao actual contexto universitario co obxectivo de continuar formando “profesionais excelentes”.

Un relevo institucional cun forte simbolismo

A reitora da Universidade cualificou o momento como “excepcional” debido a que, na actualidade, a comunidade da Facultade desenvolve a súa actividade repartida en distintos espazos por mor da ausencia dun centro propio. Porén, amosouse optimista ante a coincidencia do cambio de directiva co inicio das obras da nova sede.

“Poucas veces un relevo institucional coincide de maneira tan simbólica co inicio dunha nova etapa para un centro”, afirmou a reitora. “Inicia o seu camiño un novo equipo decanal ao tempo que comeza a erguerse o edificio que marcará o futuro de varias xeracións”.

Despedida e memoria histórica

No acto tamén interveu a decana saínte e actual vicerreitora de Ordenación Académica e Oferta Formativa, Reyes Laguna, quen fixo un repaso pola historia desta facultade, única en Galicia. Lembrou os seus inicios en 1857 no Pazo de Fonseca e o posterior traslado hai 55 anos (no curso 1971/72) ao edificio que ocuparon ata data recente.

Laguna despediuse agradecendo a confianza depositada nela e amosou a súa ledicia ao ver que a profesora Raquel Sendón “toma a testemuña con enerxía, decisión e sensibilidade”.

Foto: Santi Alvite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.