O Concello de Noia saudou máis de cen peregrinos no seu camiño cara a San Xusto

08 Xullo 2026

Na mañá deste martes 7 de xullo o equipo do Concello de Noia despediu diante da Casa Consistorial un grupo de máis de cen peregrinos e peregrinas da Asociación de Senderistas de Montefrío (Granada), que proseguían na mesma xornada a súa ruta polo Camiño da Ría de Muros Noia en dirección a San Xusto.

Durante os últimos tres días percorreron diferentes etapas do itinerario, partindo de Muros e de Porto do Son, e elixiron Noia como punto de encontro, onde cada xornada fixeron unha parada para xantar, facer turismo, mercar e desfrutar na vila.

Dende o Concello quixeron saudalos antes da súa saída e acompañalos nos primeiros metros do percorrido, desexándolles un bo camiño nesta última etapa.

A Asociación de Senderistas de Montefrío é un colectivo deportivo e cultural moi activo da provincia de Granada. Dedícase a organizar viaxes e percorridos de montaña tanto en Andalucía como no resto de España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.