A Feira Celta do Porto do Son celebrase entre o 24 e o 26 de xullo

06 Xullo 2026

O Concello do Porto do Son segue a preparar os detalles da nova edición (a 2026) da súa Feira Celta, que se celebra do 24 ao 26 de xullo na vila sonense. Trátase dun evento histórico e lúdico, organizado polo Concello que se dirixe a transformar a vila mariñeira nun poboado de época con postos de artesanía, gastronomía e espectáculos de rúa.

Os postos e as principais actividades (música, ruadas e queimadas) concentraranse no centro urbano e na fachada marítima da localidade.

Os catro grandes piares da festa son os seguintes: a animación e os espectáculos de rúa, o campamento celta e os oficios, o mercado e a vertente gastronómica e, tamén, a zona infantil (con xogos medievais e actividades de lecer).

Segundo confirmou o Concello, neste intre está aberto o prazo para participar na feira as asociacións sen ánimo de lucro, que xa xa poden presentar as súas solicitudes (poden descargar o formulario de inscrición a través do PDF habilitado).

O concurso para escoller a imaxe promocional deste ano pechou o pasado 26 de xuño. O gañador recibirá un premio de 500 euros.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...