En marcha dende Santiago unha plataforma cidadá e solidaria para enviar axuda ás familias de Venezuela

03 Xullo 2026

A Rede pode ser cuestionada en ocasións, principalmente polos malos usos que facemos dela, pero non hai dúbida de que a solidariedade do noso tempo non se entende xa sen o apoio da Internet. Así o entende o grupo de voluntarios venezolanos residentes en Santiago de Compostela que vén de pór en marcha a plataforma Conecta Venezuela, unha ferramenta cidadá, solidaria e sen ánimo de lucro que busca facilitar o acceso directo a produtos de primeira necesidade para familias e hospitais afectados polo terremoto no país caribeño.

A ferramenta Conecta Venezuela foi creada e desenvolvida por Fran Fialli, nacido en Venezuela, fillo de pai galego e nai venezolana, e residente en Santiago de Compostela desde hai 25 anos. De feito, unha parte da súa familia materna vive actualmente a emerxencia en Venezuela, o que lle permitiu coñecer de primeira man as necesidades que estaban a xurdir e desenvolver unha ferramenta que facilita a chegada de axuda directa.

A iniciativa xorde ante unha realidade moi concreta: moitas persoas teñen dificultades para acceder a produtos tan básicos como auga, alimentos, comida para bebés, cueiros ou medicinas. O obxectivo, sinala, “é sumar esforzos e complementar o labor que xa realizan as organizacións humanitarias, contribuíndo a que a axuda chegue dunha forma máis áxil a quen a necesita”.

O funcionamento é o seguinte: as familias publican en conectavenezuela.es o que necesitan e calquera persoa que queira colaborar, tanto desde dentro como fóra do país, pode mercar eses produtos en supermercados e comercios locais utilizando as aplicacións de reparto dispoñíbeis alá. O servizo de delivery do comercio realiza a entrega directamente ao destinatario no punto de encontro e, unha vez recibida, a familia publica na plataforma unha fotografía da entrega para verificar que a axuda chegou correctamente.

Conecta Venezuela non recibe doazóns, non xestiona pagos nin recada fondos. “Conectamos a axuda e verificamos a súa entrega”, sinalan, engadindo que a plataforma incorpora un módulo para coordinar en tempo real o inventario dos centros de provisión e unha rede de voluntariado remoto, dentro e fóra de Venezuela, para quen queira achegar tempo, talento ou apoio profesional.

O contexto e os porqués

Dous terremotos de magnitude 7,5 e 7,2 sacudiron o norte de Venezuela o 24 de xuño de 2026, causando a maior catástrofe natural da historia recente do país. Máis de 12.700 familias perderon os seus fogares, 38 hospitais sufriron danos estruturais e a infraestrutura básica en varias rexións está severamente comprometida.

Ante esta situación, a diáspora venezolana en Galicia, impulsada por Fran Fialli, puxo en marcha a dita plataforma dixital, que, como dixemos, permite que calquera persoa, desde calquera país, poida responder a unha necesidade concreta de forma directa: chegando exactamente á familia, hospital ou institución que o rexistrou. Auga, medicamentos, cueiros, alimentos, material de hixiene: o abano de produtos é amplo.

“Conecta Venezuela une ás familias afectadas polo terremoto con persoas de todo o mundo dispostas a axudar: as familias publican o que necesitan (alimentos básicos, auga potable, medicamentos, lanternas, produtos de hixiene) e quen queira axudar pode compralo directamente para que chegue a quen o necesita”, sinala Fran.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.