Ingreso mínimo vital a partir do 15 de xuño

04 Xuño 2020

O ingreso mínimo é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.  A través deste instrumento perséguese garantir unha mellora de oportunidades reais de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias. 

Persoas beneficiarias

  • As persoas integrantes dunha unidade de convivencia.
  • As persoas de polo menos 23 anos e menores de 65 anos que viven soas, ou que, compartindo domicilio cunha unidade de convivencia nos supostos do artigo 6.2. c), non se integran na mesma, sempre que concorran as seguintes circunstancias:
  1. Non estar unidas a outra por vínculo matrimonial ou como parella de feito nos termos definidos no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, salvo as que iniciasen os trámites de separación ou divorcio ou as que se atopen noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente, ás que non se lles esixirá o cumprimento desta circunstancia.
  2. Non formar parte doutra unidade de convivencia, de conformidade co previsto no presente real decreto-lei.
  3. Deberán vivir de forma independente durante polo menos tres anos antes da solicitude do IMV.

Non se esixirá o cumprimento dos requisitos de idade, nin os previstos nos apartados 1º e 2º desta letra, nos supostos de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual.

Non poderán ser beneficiarias da prestación do ingreso mínimo vital as persoas usuarias dunha prestación de servizo residencial, de carácter social, sanitario ou sociosanitario, con carácter permanente e financiada con fondos públicos, salvo no suposto de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual, así como outras excepcións que se establezan regulamentariamente.

As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos de acceso á prestación establecidos no artigo 7, así como as obrigacións para o mantemento do dereito establecidas no artigo 33.

Requisitos de acceso

Todas as persoas beneficiarias, estean ou non integradas nunha unidade de convivencia, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter residencia legal e efectiva en España e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude. Non se esixirá este requisito respecto de:

  • Os menores incorporados á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
  • As persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual, que acreditarán esta condición a través dun informe emitido polos servizos públicos encargados da atención integral a estas vítimas ou polos servizos sociais, así como por calquera outro medio de acreditación que se desenvolva regulamentariamente.
  • As mulleres vítimas de violencia de xénero.

A efectos do mantemento do dereito a esta prestación, entenderase que unha persoa ten a súa residencia habitual en España aínda cando tivese estancias no estranxeiro, sempre que estas non superen os noventa días naturais ao longo de cada ano natural, ou cando a ausencia do territorio español estea motivada por causas de enfermidade debidamente xustificadas.

b) Atoparse en situación de vulnerabilidade económica por carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes,

c) Solicitar as pensións e prestacións vixentes ás que puidesen ter dereito, nos termos que se fixen regulamentariamente. Quedan exceptuados os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas.

d) Se non están a traballar e son maiores de idade ou menores emancipados, figurar inscritas como demandantes de emprego, salvo nos supostos que se determinen regulamentariamente.

Compatibilidade

A percepción do IMV será compatible coas rendas do traballo ou a actividade económica por conta propia da persoa beneficiaria individual ou, no seu caso, dun ou varios membros da unidade de convivencia nos termos e cos límites que regulamentariamente se establezan.
Regulamentariamente poderanse establecer, para supostos excepcionais de vulnerabilidade que sucedan no mesmo exercicio, os supostos e condicións nos que poderán computar os ingresos e rendas do exercicio en curso para os efectos de acceso a esta prestación.

Incompatibilidade ​​​​​​​

A percepción da prestación do IMV será incompatible coa percepción da asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo, sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33 %, cando exista identidade de causantes ou beneficiarios desta, sen prexuízo da posibilidade de exercer o dereito de opción por unha delas.

Lugar de presentación

Preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social ou a través daqueles outras canles de comunicación telemática que o INSS teña habilitados para o efecto, sen prexuízo do que poida establecerse no marco dos convenios.

Prazo

As solicitudes de acceso á prestación económica poderán presentarse a partir do día 15 de xuño de 2020.

Máis Información

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.