Este venres comeza no Son a 10ª edición do Rompetiño Jump

01 Xullo 2026

Xa queda menos para a edición 10ª do Rompetiño Jump, cita referencial da cultura e dos deportes urbanos que se celebra esta fin de semana, entre o venres 3 e o domingo 5 de xullo no Porto do Son, consolidándose (aínda máis) como o encontro de música e deportes urbanos con máis percorrido de Galicia. Baixo o lema Rompe X, celebrará os seus primeiros 10 anos de vida cunha axenda que mestura concertos, cultura urbana e actividades dirixidas a diferentes públicos.

A organización xa confirmou que na vertente musical este ano contarase coa presenza de 9Louro, Carlota, Dirty Suc, Disobey, G La Sosita, Gigi.284, Glory Six Vain, Gloosito, Guyo, Hecky, Hoke, Jaydime, Kike Varela, La Zowi, Lorna, MDA, Midas Alonso, Selecta, SkinyZ, Slappy Av, Sticky M. A. e Vami.

Contarase coa colaboración do Concello do Son e a Xunta, entre outras entidades e empresas.

O festival Rompetiño Jump 2026 (edición Rompe X) celébrase no Porto do Son do 3 ao 5 de xullo de 2026, concentrando os seus concertos principais na Music Zone as xornadas do venres e o sábado.

Venres, 3 de xullo de 2026

17:30 – Vampi

18:40 – Slappy AV

19:50 – Glory Six Vain

20:30 – Guxo

21:40 – 9Louro

22:50 – Gloosito

00:00 – Hoke

01:10 – La Zowi

02:20 – Skinyz

03:30 – Disobey

Sábado, 4 de xullo de 2026

17:20 – Jaydime – Gigi.284

18:30 – Gla Sosita

19:40 – Midas Alonso

20:50 – Dirty Suc

22:00 – Hecky

23:20 – MDA

00:40 – Sticky M.A.

01:50 – Lorna

03:00 – Kike Varela

04:10 – Carlota Selecta

Domingo, 5 de xullo de 2026

Zona deportiva e urbana: durante todo o día continúan as actividades, exhibicións e competicións de cultura urbana (como BMX, skate, parkour ou rompedance) e a zona Chill con tendas e hostalería.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.