En Boiro rescatado un menor que quedou á deriva nunha táboa de paddle surf na praia de Barraña

30 Xuño 2026

O rapaz non daba regresado á praia de Barraña debido á corrente. Dous particulares intentaron axudalo sen éxito e un deles tamén precisou ser recollido por unha embarcación.

O servizo de emerxencias 112 Galicia coordinou a tarde deste martes o operativo de rescate dun menor que quedou á deriva mentres practicaba paddle surf na praia de Barraña, situada no termo municipal de Boiro. O rapaz tivo que ser auxiliado por medios marítimos ao non dar regresado á liña de costa por mor da corrente.

Segundo os datos facilitados polo Centro Atención ás Emerxencias, o aviso rexistrouse arredor das 16:30 horas. A través da chamada dun particular, alertábase de que un mozo tiña serias dificultades para volver á beira coa súa táboa de paddle surf e que a corrente o estaba afastando cada vez máis.

Intento de auxilio por particulares

Ao fío da alerta, dúas persoas que se atopaban na zona introducíronse de inmediato no mar coa firme intención de socorrer ao menor, se ben as condicións non lles permitiron chegar ata a súa posición.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención e mobilizáronse de urxencia efectivos de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, da Policía Local e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro. Así mesmo, os xestores de emerxencias mantiveron en todo momento un contacto permanente cos socorristas do propio areal.

Para dar cobertura ao operativo, o Servizo de Gardacostas de Galicia desprazou ata o lugar o helicóptero de rescate Pesca I e a embarcación auxiliar Ría de Vigo.

Evacuación con éxito

Finalmente, os medios mobilizados confirmaron que foi a embarcación Ría de Vigo a que conseguiu rescatar e poñer a salvo ao menor de idade.

En canto aos dous particulares que tentaran intervir, outra embarcación que se atopaba no punto recolleu a un deles, mentres que o segundo logrou regresar á costa polos seus propios medios. Segundo trasladaron os servizos de emerxencias ao 112 Galicia, todas as persoas implicadas no suceso atopábanse en bo estado de saúde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.