Duarte Correa presenta na ULA (Outes) o seu libro “O imperialismo no século XXI”

30 Xuño 2026

A Libraría Social ULA, con sede na rúa Capela de Outes, vai acoller este sábado 4 de xullo a presentación do libro O imperialismo no século XX, editado por Tempo Galiza Editora e escrito por Duarte Correa Piñeiro. A cita será ás 11.30 do sábado na libraría do 11 da rúa da Capela.

Esta obra aborda unha cuestión imprescindíbel para comprendermos o mundo de hoxe, especialmente nun contexto en que, a cada pouco, novos acontecementos de grande impacto no ámbito internacional nos sobresaltan e deitan por terra certezas que parecían inamovíbeis. Falar hoxe de imperialismo é falar dunha realidade presente que debemos entender para comprender tamén como afecta ou pode afectar a nosa vida cotiá.

O libro analiza o imperialismo actual e o papel da OTAN como instrumentos dos Estados Unidos nun momento en que esta potencia tenta soster unha hexemonía en declive. Examina, ademais, a chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar, revelando o que se oculta tras estes discursos.

Aliás, busca desmontar mitos e abrir o ollar a outras realidades de que case non se fala, en que diferentes países tecen alianzas para construír relacións internacionais baseadas no diálogo e na cooperación, fronte á lóxica da imposición.

O autor

Duarte Correa Piñeiro (Vigo, 1966) é diplomado en EXB e Licenciado en Xeografía e Historia, é profesor de Ensino Secundario no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Militante nacionalista desde moi novo, foi membro da Executiva Nacional da CIG-Ensino.

Coautor dos libros Galiza: Poboación e Industria e O estudantado sae á rúa. ERGA no movemento estudantil galego. Autor do caderno 50 Aniversario de ERGA (1972-2022).

Leva moitos anos dedicado ao ámbito da análise internacional. Colabora regularmente sobre esa temática en publicacións galegas e internacionais e participa habitualmente como relator convidado en diversos seminarios e actividades formativas en Europa e América Latina, con traballos sobre xeopolítica, relacións internacionais, imperialismo e loita dos pobos pola soberanía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.