Luns 29: máis sol no sur e ambiente fresco no norte, suba da temperatura

28 Xuño 2026

Galicia recuperará este luns festividade de San Pedro e San Pablo, a influencia das altas presións, o que favorecerá unha xornada de tempo máis estable, aínda que con diferenzas entre o norte e o sur da comunidade.

Nas Rías Baixas, o tempo será máis estable e con predominio dos claros, especialmente durante a tarde. As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso, favorecendo un ambiente máis cálido que nas últimas xornadas. O vento do norte-nordés soprará con intensidade moderada, con refachos fortes no litoral atlántico.(máximas de 31 graos)

En Santiago de Compostela agárdase unha mañá con intervalos nubrados, que irán alternando con claros ao longo do día. As temperaturas mínimas apenas variarán, mentres que as máximas subirán lixeiramente, deixando unha sensación máis agradable nas horas centrais da xornada. O vento soprará moderado do norte-nordés. (máximas de 27 a 28 graos)

No conxunto de Galicia, os ceos permanecerán máis cubertos na metade norte, onde se poderán rexistrar precipitacións febles no norte da provincia de Lugo. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas subirán de forma lixeira ou moderada, agás na Mariña e na Costa da Morte, onde permanecerán estables ou descenderán lixeiramente.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Non se espera cambio no tempo nas próximas semanas,

Prognóstico do tempo na comarca ata mediados de xullo

Outros artigos

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...