Tres novos cóengos incorpóranse ao Cabido da Catedral de Santiago

28 Xuño 2026

A Catedral de Santiago acolleu este domingo a toma de posesión de tres novos cóengos do Cabido Metropolitano durante a celebración das primeiras vésperas da solemnidade dos Santos Pedro e Paulo, presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto.

Os novos capitulares son Alfonso Novo Cid-Fuentes, director do Instituto Teolóxico Compostelán; Roberto Martínez Díaz, párroco moderador da Unidade Pastoral de Padrón; e José Sánchez Piso, administrador parroquial de Lestedo, Sales, Vedra, Trobe e Illobre. Os tres foran nomeados o pasado 1 de xuño.

A cerimonia reuniu aos membros do Cabido Catedralicio, sacerdotes da arquidiocese, familiares dos novos cóengos, representantes da vida diocesana e numerosos fieis.

A incorporación ao Cabido desenvolveuse segundo o rito tradicional. Tras a lectura do decreto de nomeamento, cada un dos novos cóengos realizou a profesión de fe e prestou xuramento ante o Evanxeo, antes de ocupar o seu sitial no coro da Catedral, un xesto que simboliza oficialmente a súa integración nesta institución.

Un chamamento ao servizo da Igrexa

Na súa homilía, o arcebispo Francisco Prieto lembrou que o nomeamento como cóengo non constitúe un recoñecemento honorífico, senón unha chamada ao servizo da Igrexa. Inspirándose na figura de san Paulo, convidou aos novos capitulares a exercer o seu ministerio desde a oración, a fraternidade e o anuncio do Evanxeo.

Prieto destacou tamén o papel da Catedral de Santiago como unha Igrexa viva que, ademais de custodiar a memoria do Apóstolo Santiago, debe continuar sendo un lugar de acollida para os fieis e os milleiros de peregrinos que chegan cada ano á cidade.

“A Igrexa é luz onde ilumina”

En representación dos tres novos cóengos, Alfonso Novo Cid-Fuentes agradeceu a confianza depositada neles e asegurou que a verdadeira grandeza da Igrexa non reside nos seus edificios nin nas súas cerimonias, senón na súa capacidade para acompañar ás persoas.

“A Igrexa é luz, non onde brilla, senón onde ilumina”, afirmou, reivindicando o labor que se desenvolve diariamente nas parroquias, mosteiros, na catequese, na atención aos enfermos e ás persoas máis vulnerables, así como o traballo de Cáritas e doutras entidades sociais.

Novo Cid-Fuentes subliñou que conservar a tradición apostólica significa transmitir vivo o Evanxeo ás novas xeracións e apostou por unha Igrexa aberta ao mundo, próxima ás persoas e capaz de saír ao encontro de quen busca esperanza.

O novo cóengo tamén destacou a responsabilidade da Catedral de Santiago como meta universal de peregrinación, sinalando que, ademais de acoller aos peregrinos, a comunidade cristiá está chamada a converterse ela mesma en “peregrina” cara ás persoas que máis necesitan acompañamento e consolo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.