“A verdade de cadaquén”. Luís Celeiro

29 Xuño 2026

A verdade é ou debe ser cousa de todos, como a xustiza que debe ser igual para todas as persoas
que traballan, que folgan, discuten, dormen ou veranean, para as que viven dun lado ou do outro do
mar, para as persoas desta terra ou de calquera parte da terra. Sen verdade non pode haber xustiza
e con mofa, tampouco. A verdade, segundo o dicionario da Real Academia galega, “é a característica
do que é certo dun coñecemento , dunha información etc., conforme á realidade”. Pero cadaquén
ten , xa que logo, a súa propia verdade.
E a xustiza? Se volvemos ao dicionario, xustiza “é respecto e recoñecemento dos dereitos e do
mérito dunha persoa”, que bonito queda así escrito, para ler ou para escoitar. “Poder para aplicar o
dereito que rexe as relacións entre as persoas” é tamén xustiza, cousa grande e pequena ao mesmo
tempo. Pero moitos cidadáns, con estes acontecementos recentes e multiplicados cada día, teñen a
sensación de que os protagonistas non din verdade.
A señora Eduviges de Vila dos Carneiros facía a xustiza pola súa conta, cambiaba os marcos da
estrema e alongaba a súa leira plantada de patacas. “Estes regos son meus, da miña leira”. Vese ben
que son as mesmas patacas, a mesma separación entre as plantas. A veciña, xa digo, mente cando di
que as botou ela. A verdade é a verdade! E as cereixas de cedo daquela cerdeira florida serán miñas.
Ninguén dirá o contrario, por respecto ou, máis ben, por medo.
Cando unha das veciñas di arre! e a outra di xo!, que fai a burra? Ouvea desconcertada e escolle a
alternativa que lle parece. Esas veciñas aproveitadas teñen a súa verdade propia e non cambian o
paso de andadura. Se se terza, agrandan tranquilamente a mentira. Nas alturas da política e da
xudicatura, ao parecer, teñen verdades adaptadas á súa forma de pensar e independentemente de
cal sexa a cor, poden velo branco ou negro, sen pestanexar.
Estes días ao ler os xornais, á Tía Manuela viñéronlle á cabeza aquelas catro características que
Sócrates (470-399 a.C.) consideraba propias dun xuíz, “escoitar cortesmente, responder
sabiamente, ponderar prudentemente e decidir imparcialmente”. Con toda a confianza, compárteas
e recoméndallas aos integrantes dos poderes, lexislativo, executivo e xudicial, e ás persoas que
queiran escoitar e erradicar o perigo de ter razón.

Outros artigos

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

+

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...

+

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...