Padrón reivindica a igualdade e a diversidade na celebración do Día do Orgullo

28 Xuño 2026

O Concello de Padrón celebrou este domingo o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha xornada festiva e reivindicativa na praza de Macías, onde veciñanza e familias participaron nas distintas actividades organizadas baixo o lema “Padrón con Orgullo”. O goberno local aproveitou a conmemoración para reafirmar o seu compromiso coa igualdade, o respecto á diversidade e a loita contra calquera forma de discriminación.

O acto institucional estivo marcado pola lectura do manifesto por parte da concelleira de Igualdade, Mariló Saco, quen advertiu de que os dereitos conquistados polo colectivo LGTBIQ+ “non poden darse por consolidados” ante o aumento dos delitos de odio e das situacións de discriminación e violencia por razón de orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.

Durante a súa intervención, a edil lembrou tamén o asasinato de Samuel Luiz como un símbolo da necesidade de manter o compromiso institucional e social fronte á intolerancia. Así mesmo, trasladou a solidariedade do Concello con todas as persoas que sufriron ou sofren rexeitamento ou violencia por seren quen son.

No acto participou tamén o alcalde, Anxo Arca, xunto con integrantes do goberno municipal. O Concello renovou publicamente o seu compromiso coa promoción do respecto, coa educación en valores democráticos e coa defensa dunha sociedade inclusiva na que todas as persoas poidan desenvolver o seu proxecto de vida en liberdade e igualdade de oportunidades.

A declaración institucional concluíu cunha mensaxe clara: “A liberdade non se negocia, a liberdade deféndese e a diversidade celébrase”, proclamando un ano máis un “Padrón con Orgullo”.

A programación arrancou cun obradoiro de maquillaxe libre e sen xéneros, Rostros con orgullo, dirixido por Meiga-i e aberto a persoas de todas as idades. A continuación, Migallas Teatro representou o espectáculo familiar Elas pintan moito, unha proposta que achegou referentes femininos e valores de igualdade a través das artes escénicas.

A celebración rematou co concerto do grupo Broken Peach, que puxo o broche final a unha mañá marcada pola participación cidadá, o ambiente festivo e a reivindicación da diversidade como un dos piares dunha sociedade máis xusta, libre e igualitaria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.