Padrón impulsa a accesibilidade turística con novos planos adaptados para persoas con discapacidade visual

23 Xuño 2026

O Concello de Padrón acaba de incorporar novos planos turísticos accesíbeis dirixidos a persoas invidentes ou con dificultades de visión, adaptados mediante a incorporación de texto en braille e recursos de relevo táctil, unha iniciativa que busca avanzar cara a un destino máis inclusivo e libre de barreiras para todas as persoas visitantes.

A actuación enmárcase dentro das accións comprometidas pola Oficina de Turismo de Padrón no marco da certificación da Q de Calidade Turística, distintivo que o servizo municipal obtivo no ano 2024 e que implica unha aposta permanente pola mellora da atención, dos servizos e da experiencia turística.

O proxecto desenvolveuse coa colaboración da ONCE, entidade de referencia na promoción da accesibilidade e da autonomía das persoas con discapacidade visual, garantindo así que os novos materiais respondan ás necesidades reais deste colectivo.

Nesta primeira edición editáronse un total de 500 exemplares, que xa están dispoñíbeis de maneira gratuíta na Oficina Municipal de Turismo. Ademais, unha parte dos planos distribuirase en diferentes puntos de interese turístico e en establecementos da vila, como os aloxamentos de Padrón, a Fundación Rosalía de Castro, a Fundación Pública Galega Camilo José Cela e a Igrexa de Santiago, co obxectivo de facilitar o acceso á información turística desde distintos puntos de atención ao visitante.

A incorporación destes novos planos constitúe un paso máis no compromiso municipal coa eliminación de barreiras e coa construción dun destino turístico cada vez máis inclusivo e de maior calidade.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...