Persoas descoñecidas rebentaron nos últimos días a caixa de donativos do cruceiro de Moldes, a caixa apareceu no chan. As investigacións indican que o obxectivo era roubar a recadación que había no interior, aínda que se calcula que foron máis as desfeitas que o diñeiro que se puideron levar. Desde a Policía Local pobrense explicaron que o suceso debeu de producirse de noite, debido a que se trata dunha zona moi frecuentada nestas últimas semanas, debido a que desde que comezou a desescalada son moitos os veciños da Pobra e Ribeira que soben aos miradoiros da Curota ou practican exercicio. Efectivos de seguridade adoitan pasar pola zona para controlar que non se declaren incendios forestais amias de que o cruceiro queda á beira da estrada que une Pobra con oleiros e é utilizada para deprazarse o Hospital do Barbanza.
A Pobra do Caramiñal celebra a XXVIII edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán con máis dunha ducia de actividades de balde
A Pobra do Caramiñal volta a render tributo á figura e legado literario de Ramón del Valle-Inclán coa celebración da 28ª edición das súas tradicionais xornadas de homenaxe. A iniciativa, promovida polo Museo Valle-Inclán e o Concello da Pobra en colaboración con...



