Espina & Delfín e o Concello de Padrón fomentan o consumo responsábel de auga

22 Xuño 2026


O impacto do cambio climático en Galicia xa non é unha ameaza futura, senón unha realidade urxente: abonda con mirar o estado dos ríos, encoros e acuíferos para comprobar como as ondas de calor adiantadas, as secas máis longas do habitual e a irregularidade das precipitacións están a poñer en risco un recurso que sempre demos por garantido. Ante este escenario, Espina & Delfín e o Concello de Padrón poñen en marcha, un ano máis, a súa campaña de consumo responsábel de auga, baixo o lema A auga non é infinita. Consúmea con cabeza.

Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo municipal de auga, traballa en estreita colaboración co goberno local nesta iniciativa. Así, combinaranse materiais informativos e canles de comunicación dixital para que a mensaxe de aforro chegue á veciñanza coa maior proximidade posíbel.

Segundo informaron, en 2025, o volume de auga consumida pola veciñanza do Concello de Padrón situouse en 1.210.291 m3, o que supón unha media mensual de 100.857 m3: “Se analizamos a evolución ao longo dese ano, o pico de consumo rexistrouse en plena tempada estival: no mes de agosto acadouse o valor máximo, con 120.057 m3; e pola contra, febreiro foi o mes con menor demanda, cun total de 77.851 m3”, informaron a empresa e o Concello de Padrón, engadindo que “esta diferenza implica que durante o mes de agosto o consumo de auga foi un 35 % superior ao do resto do ano”.

A campaña pon o foco en que ningunha acción individual é pequena cando se trata de aforrar e protexer o ciclo integral da auga. Por iso, máis alá da teoría, apóstase por trasladar pautas moi sinxelas e fáciles de aplicar no día a día. No fogar, pecha a billa mentres enxaboamos os pratos ou os dentes, escoller a ducha fronte ao baño (e que non se alongue máis do necesario), e usar lavadoras e lavalouzas a carga completa. “É importante tamén revisar as instalacións domésticas ou instalar aforradores de caudal para evitar os litros que se perden co goteo”, sinalaron, engadindo que “encher a piscina, lavar o coche ou regar o xardín son hábitos frecuentes nesta época, pero convén facelos con responsabilidade: evitar as horas de máis calor, aproveitar mellor cada litro e reducir os usos que non sexan necesarios”. E se marchamos de vacacións e a vivenda queda baleira, apuntaron, “deberíamos pechar a chave de paso para evitarfugas e sobresaltos mentres non hai ninguén para detectalos”.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...