Corsario Thunder vuela en la Carregal y lidera la general tras completar las 22 millas en tiempo récord

20 Xuño 2026

O Corsario Thunder foi o gran protagonista da primeira xornada do XXVI Gran Trofeo Faro de Corrubedo – Regata Ramiro Carregal Rey, tras completar as 22 millas do percorrido en menos de dúas horas e media e situarse á fronte da clasificación xeral.

O veleiro patroneado por Jorge Durán, con grímpola do Club de Yates de Vilagarcía, asinou unha actuación sobresaliente ao cruzar a meta en 2 horas e 26 minutos, marcando o mellor tempo da xornada e liderando tamén a Clase Regata. Só o Bon III, de Víctor Carrión (Club Náutico Punta Lagoa) , logrou seguir o seu ronsel, finalizando segundo tanto na xeral como na súa categoría. O terceiro posto foi para o Peperetes Nortemar, de José Manuel Millán, do Real Club de Regatas de Galicia.

A xornada estivo marcada por unhas condicións meteorolóxicas máis favorables do esperado. A pesar das previsións incertas, o día amenceu con boa visibilidade entre as rías de Muros e Noia e Arousa, e un vento do suroeste duns 10 nós que permitiu completar a regata costeira en condicións óptimas para toda a frota.

Organizada polo Real Club Náutico Portosín coa colaboración do Club Náutico e Deportivo de Riveira, a proba comezou puntualmente ás 12:05 horas, desenvolvéndose cunha saída limpa e sen incidencias. Desde os primeiros compases, o Corsario Thunder destacou do resto da frota, consolidando a súa vantaxe ao longo do percorrido.

Na Clase Cruceiro/Regata, o liderado é para o Orión, patroneado por Alberto Javier Pérez (Monte Real Club de Yates de Baiona) , seguido do Camping Ría de Arosa, de José Manuel Pombar (Club Náutico Arousa Norte) , e do Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro (Real Club Náutico de Sanxenxo).

Pola súa banda, na categoría Cruceiro, o Bacor, de Javier Villaamil (Real Club Náutico Portosín) , encabeza a clasificación, co Escora, de Miguel Reboreda, en segunda posición, e o Tuspi II, de Óscar Rodríguez, terceiro, ambos tamén representantes do club anfitrión.

A competición continuará este domingo en augas de Ribeira a partir das 12:00 horas, cunha proba de tipo barlovento-sotavento que decidirá os vencedores finais. A entrega de premios está prevista para as 17:00 horas e contará coa presenza de Ramiro Carregal Rey, poñendo o broche final a dúas intensas xornadas de vela.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.