“Muros en Festas” celebrará cunha chea de actividades o Orgullo, San Pedro e San Lois

19 Xuño 2026

O Concello de Muros presentou este venres 19 de xuño a programación completa do programa Muros en Festas, con tres xornadas festivas que se celebrarán os días 28, 29 e 30 de xuño.

“Estas festas nacen coa vontade de ofrecer unha programación moderna, ambiciosa e pensada para todos os públicos, combinando tradición e innovación. Queremos ir máis alá da simple verbena para converter esta cita nun gran acontecemento cultural, social e de lecer que proxecte a mellor imaxe do noso concello”, asegurou na presentación a alcaldesa, María Lago.

A concelleira de Festas, Laura Rivadeneira, destacou pola súa parte que “estou moi ilusionada coa programación que preparamos para Muros en Festas, pensada para que persoas de todas as idades poidan desfrutar e participar”.

“Desde a Concellería de Festas traballamos con dedicación para ofrecer unha celebración que combine tradición, música e convivencia, e confío en que estes días se convirtan nunha oportunidade para compartir, reencontrarnos e vivir xuntos o mellor ambiente festivo”, engade Rivadeneira.

O cartel das festas é de Xaime Beiro, dando continuidade o concello á súa aposta polos artistas e deseñadores vinculados a Muros, poñendo en valor o seu traballo fronte á tendencia de realizar carteis coa IA.

O 28 de xuño, Día do Orgullo, Muros recupera o pregón para as festas da man de Carlos Blanco, actor e monologuista, para dar paso a un Vermú Orgulloso con DJ DavidDeYone e Moira Lutar. Pola tarde, de novo a Festa das Cores, para dar paso pola noite á Paris de Noia.

“Unha data festiva e tamén reivindicativa, a sociedade non poder dar pasos atrás na defensa dos dereitos LGTB”, sinalou Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade.

O día 29, San Pedro, haberá a tradicional procesión, misa cantada, sesión vermú e fogos de artificio. Xa pola noite, a Orquestra Panorama.

O día 30, San Lois, a música será protagonista con Nelson Quintero (As nosas música de aquí), e un fin de festa con xmaseda65 e 9Louro.

Participaron tamén na presentación do programa a concelleira de Cultura, Caridad González, que recomendou “o concerto de Nelson Quintero”; a concelleira de Seguridade Cidadán, Sandra Maneiro, que agradeceu “o traballo da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e GES para que as festas transcorran con normalidade”, e o concelleiro de Deportes, Damián Torea.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.