O Concello de Padrón deixará de empregar pirotecnia nas festas durante os meses de alto risco de incendios

19 Xuño 2026

O Concello de Padrón deixará de empregar pirotecnia durante os vindeiros meses de alto risco de incendios forestais. A decisión foi adoptada polo Executivo padronés na reunión de coordinación do goberno celebrada este xoves 18 de xuño, tendo en conta “a previsión dun verán con condicións meteorolóxicas que poden incrementar o risco de propagación do lume”. O Goberno local considera necesario “minimizar todas aquelas situacións que poidan supoñer un perigo, especialmente despois do incendio rexistrado a pasada fin de semana nas parroquias de Herbón e Carcacía, que obrigou a un importante despregamento de medios de extinción e á evacuación dos veciños dalgunhas aldeas”.

Por este motivo, o Concello anunciou que “non empregará bombas de palenque nin outros elementos pirotécnicos nas actividades festivas que se desenvolvan nos próximos meses” e fai “un chamamento ás comisións de festas e aos particulares para que adopten a mesma decisión”.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, sinalou que “as bombas de palenque e outros elementos pirotécnicos forman parte das nosas celebracións e están moi presentes na tradición festiva, pero neste momento debemos actuar con responsabilidade e poñer por diante a seguridade da veciñanza e a protección do noso patrimonio natural”.

Arca engadiu que “a experiencia vivida estes días co incendio de Herbón e Carcacía demostra que é preciso extremar as precaucións e reducir calquera risco evitable. A colaboración de todos e todas será fundamental para afrontar os meses de verán con maiores garantías”.

A medida poderá apreciarse xa este sábado na chegada dos barcos participantes na Ruta Xacobea do Mar de Arousa a Padrón e Pontecesures, un acto que tradicionalmente se anunciaba cunha salva de bombas e que nesta ocasión se desenvolverá sen o emprego de material pirotécnico.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...