Este venres 19 arrinca en Noia a 2ª edición do Festisaúde

19 Xuño 2026

Festisaúde celebrará a súa 2ª edición na vila de Noia os días 19, 20 e 21 de xuño

Trátase dunha iniciativa organizada por Amoreira Saúde e Benestar que inclúe diferentes actividades relacionadas co benestar, o sendeirismo, a meditación, o ioga, conferencias e outras propostas.

Festisaúde é un festival dedicado á saúde complementaria, á sostibilidade e ao benestar integral. Está organizado pola Asociación Amoreira en colaboración co Concello de Noia. O seu obxectivo principal é axudar á comunidade a buscar un equilibrio entre o corpo e a mente.

O festival dura tres días e ofrece unha gran variedade de propostas abertas ao público, como por exemplo charlas e relatorios (profesionais da medicina e de terapias complementarias comparten a súa experiencia), prácticas de benestar (sesións de ioga, meditación guiada, mindfulness e biodanza), deporte e natureza (rutas de sendeirismo consciente polas paisaxes da zona) e música (obradoiros de voz, concertos de cantos medicina, cantos harmónicos e danza orgánica.

Damos conta da axenda:

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.