Este sábado celébrase en Noia o XIX Campionato de Exhibición de Taekwondo Infantil

19 Xuño 2026

O Pavillón Municipal Agustín Mourís acolle este sábado o XIX Campionato de Exhibición de Taekwondo Infantil. Será a partir das 11:00 horas, organizado pola Escola de Taekwondo Maniotas Noia. Durante a xornada, os rapaces e rapazas participantes amosarán o traballo realizado ao longo da tempada nun evento que pon en valor o deporte base, a formación e o esforzo dos máis novos. O Ximnasio Maniotas e o Concello convidan á veciñanza a asistir e apoiar aos deportistas “nesta cita xa consolidada dentro do calendario deportivo local”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.