O Campo de Vista Alegre acolle o vindeiro 27 de xuño a IV edición do Torneo Solidario Interparroquial en beneficio de ASANOG

17 Xuño 2026

O Concello de Boiro colabora un ano máis coa organización do IV Torneo Solidario Interparroquial en beneficio de ASANOG, a Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia. Será o vindeiro sábado 27 de xuño a partir das 17.00 horas en Vista Alegre. O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, participou este mércores 17 de xuño na presentación xunto con Lara Buig e Margarita Hermo, membros da organización, e Aldara Palmeiro, responsable de comunicación de ASANOG. O torneo contará con fase de grupos, final e semifinal. Este ano inclúese unha novidade pois, ademais dos oito equipos que representan a cada parroquia haberá dous equipos ASANOG formados por persoas relacionadas coa entidade. “Con esta iniciativa poñemos en valor a gran solidariedade que hai en Boiro e recadamos recursos para unha asociación que fai un gran traballo cos nenos oncolóxicos”, recoñeceron dende a organización.

Os partidos serán de 18 minutos agás a final, que será de dúas partes de 12 minutos. Outra das novidades deste ano é que participará no torneo a xogadora de As Celtas, María Nogueira. Ademais da parte deportiva haberá sorteos de produtos doados polo comercio local e animación musical.

“ASANOG leva dende o ano 2012 acompañando á infancia e adolescencia con cancro e todos os recursos son necesarios para contar cun equipo especializado de apoio nese proceso”, afirmaron dende a asociación. Pola súa banda, oconcelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a implicación da organización, das entidades colaboradoras e da veciñanza de Boiro “por contribuír e implicarse sempre en iniciativas como esta que vai moito mais alá do eido deportivo e que supoñen moito para unha entidade como é ASANOG”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.