A II Bandeira de Bateis Deputación da Coruña reunirá este sábado en Muros o futuro do remo galego

16 Xuño 2026

O porto de Muros acollerá este sábado, 20 de xuño, a segunda edición da Bandeira de Bateis Deputación da Coruña, que reunirá tripulacións das categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e sub-23, tanto en modalidade masculina como feminina.

Imaxe da proba do ano pasado celebrada en augas da Pobra do Caramiñal

A proba, organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Federación Galega de Remo e o Club de Remo Muros, comezará cunha xornada clasificatoria a partir das 10.30 horas e coa disputa das finais a partir das 16.00 horas. As regatas desenvolveranse sobre diferentes distancias en función da categoría: 500 metros para alevíns, 1.000 metros para infantís, 1.500 metros para cadetes e 2.000 metros para xuvenís e sub-23.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou que esta cita “é unha aposta polo deporte de base e polos clubs que manteñen viva unha tradición profundamente ligada ao mar e a Galicia, como é o remo”.

O deputado incidiu tamén na elección de Muros, “que xa ía acoller o evento o ano pasado, pero cedeu a sede á Pobra tralo incendio na nave do club de remo pobrense”.

Esta II edición da Bandeira Deputación da Coruña de Bateis está aberta aos clubs de remo da provincia da Coruña que desenvolven esta modalidade e que conten con licenza federativa en vigor. Cada club poderá inscribir un equipo por categoría e modalidade. A inscrición é gratuíta e debe realizarse a través da plataforma da Federación Galega de Remo antes das 12.00 horas do xoves 18 de xuño.

A Deputación entregará dúas bandeiras, unha masculina e outra feminina, aos clubs que acaden maior puntuación en cada modalidade. Ademais, as tres tripulacións máis rápidas de cada categoría recibirán medallas de ouro, prata e bronce.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.