“Os incendios forestais comezan a queimar Galicia” – Antón Luaces

16 Xuño 2026

Non é novo. Desgraciadamente ocorre o que moitos galegos, especialmente os residentes no medio rural, agardaban: arde Galicia. E desta vez, incide na parroquia de Roupar, concello lucense de Xermade, onde arderon 20 hectáreas de monte;  outras 350 hectáreas están afectadas polo incendio aínda activo (está estabilizado) na parroquia padronesa de Herbón, e 230 hectáreas foron arrasadas polas lapas na parroquia de Maceiras, concello ourensán de Boborás.

Son os tres primeiros aldabonazos após a moita choiva que, en Galicia, fixo medrar descontroladamente o mato e os responsábeis de que a broza non cubrira as terras nas que antes alindaba o gando quedaran man sobre man vendo pasar o tempo e sen tomar as medidas que tantas veces se reclamaron, sabedores todos do que previsiblemente sucedería de non se rozar os montes. 

Ben sei que é o conto de tódolos anos porque as circunstancias son repetitivas, sinal de que non non  aprendemos, non escarmentamos. É como se non quixeramos aprender, aplicármonos a lección durante tantos anos ditada por esa gran mestra que é a Natureza, E que máis nos queda por aprender para podermos aplicar a ensinanza xusta de que os montes, ao igual que o corpo humano, hai que coidalo, limpalo, mimalo… 

De non ser así, a resposta non vai ser outra: lume!.. Lapas que todo o devoran, que todo o envolven para que os orzamentos non prexudiquen a estabilidade comunitaria e que a presidencia non se poña en entredito pola economía. O monte, máis tarde ou máis cedo reverdecerá e  perderá esa cor moura que todo e mata temporalmente.

Verdadeiramente, non aprenderemos?. Teremos que afogarnos todos co fume, queimarnos co lume para que un berro seco nos traslade a idea de que os montes hai que limpalos no inverno para que ardan coa seca?… 

Decataránse os que mandan desta tremenda responsabilidade?.. 

Quixera confiar. Quixera, si.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.