“10.000 persoas clamaron na illa de Arousa contra a mina de Touro e Altri”. Antón Luaces

14 Xuño 2026

Seis veces -onte a última, polo de agora- se concentraron ao pé da ría de Arousa milleiros de persoas que reclamaron a negativa oficial aos permisos que poden reabrir a porta á explotación da mjna de Touro e á pasteira de Altri, ambos os dous proxectos que inciden negativamente na pervivencia da ría arousán e os milleiros de mariñeiros e mariscadores que viven dela. Hai presentadas 27.000 alegacións en contra dos proxectos e un informe cualificado de “demoledor” pola Plataforma Ulloa Viva delatando a agónica situación pola que está a pasar a ría arousàn e as persoas que viven grazas a esta.

Máis a Xunta semella optar polo “sacrificio do Ulla e a Ría de Arousa para beneficiar a uns privilexiados, malvendendo o noso xeito de vida”, segundo manifestou un membro da Plataforma de Defensa da Ría de Arousa.

A factoría Altri, prevista a súa instalación na comarca da Ulloa, e a reapertura da mina de Touro-O Pino, son o cancro que carcome as ilusións de boa parte dos galegos coincentradas neses dous proxectos que, como castigo inxustificado, penduran no ser e sentir de cada quen, como se poido constatar este caloroso e abafante domingo na Illa parha demandar do Goberno a paralización do proxectado, tal e como milleiros de persoas demandaron na manifestación realizada dende a praia do Vao ata o peiraio do Xufre. Por mar, preto de catrocentas embarcacións de todo tipo  e as súas respectivas buguinas, demandaron apoio estatal e da Xunta ao que é o seu medio de vida, absolutamente dependente da ría á que, en calquera caso, irían  parar os verquidos de ambas as industrias.

“Altri non, e mina tampouco” clamaron os manifestantes que, amáis, corearon consignas coma “queremos traballar no noso rural” ou “da Ulloa á ría, defende a nosa ría” durante unha hora de andaina, encabezada esta por tres caliveras e outras tantas chemineas que, gráficamente, representaban a contaminación que os devanditos proxectos industriais  traerán ás rías galegas, na opinión dos manifestantes. 

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.