O alumnado do IES Virxe do Mar de Noia estrea o 30 de xuño na súa terra o seu musical ecolóxico “ClimantArt”

12 Xuño 2026

O vindeiro 30 de xuño, ás 16.30 horas, o Coliseo Noela de Noia acollerá a estrea de ClimantArt, un musical creado polo alumnado do IES Virxe do Mar de Noia que nos convida a reflexionar sobre o cambio climático e os retos ambientais do noso tempo.

A obra mestura a arte e a ciencia para concienciar sobre os retos do medio ambiente e o turismo respectuoso cos recursos naturais.

Esta representación servirá ademais como acto de peche da Escola de Verán da USC, que este ano se celebrará en Noia e que aínda conta con inscricións abertas.

En palabras do Concello, trátase “dunha proposta artística e educativa que non nos deixará indiferente”.

Podemos reservar a nosa praza escaneando o código QR do cartel.

A iniciativa xornde do traballo desenvolvido desde xaneiro polo equipo Erasmus do dito IES, que foi dando forma a esta produción xunto ao grupo de teatro de Climántica, coordinado polo enxeñeiro Francisco Rodríguez Crujeiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.