Un home evacuado ao Hospital do Barbanza tras ter dificultades para saír do mar en Porto do Son

11 Xuño 2026

Un home tivo que ser atendido por efectivos sanitarios na tarde deste xoves tras experimentar dificultades para saír do mar na praia do Dique, en Baroña, no concello de Porto do Son.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso produciuse arredor das 18.00 horas, cando un particular alertou de que un home estaba a ser arrastrado pola corrente e non conseguía regresar á beira. De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Minutos despois, unha segunda chamada confirmou que o afectado lograra saír da auga impulsado por un golpe de mar e que xa estaba a ser auxiliado por persoas que se atopaban na zona. Os alertadores indicaron que o home precisaba asistencia sanitaria, polo que finalmente foi evacuado ao Hospital do Barbanza.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.