“Leire”. Xulio Xiz

09 Xuño 2026


Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.
Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no tema dos sellos, e atopei a Leire Díez, Directora de Filatelia e Relacións Institucionais. Non é que o franqueo postal teña a relevancia de outrora, pero ainda así pareceume xeitoso que Correos lle dedicase un sello ao Belén de Begonte, pola difusión que supoñería que as poucas cartas que se manden leven ao Belén polo mundo adiante.
Escribinlle respectuoso, contando a historia do Belén, pedíndolle a edición dun sello, e ofrecéndome a mandarlle a información precisa. Aquela señora importante non me contestou, nin siquiera acusou recibo. Seguro que tiña outras cousas que facer. De feito, polo que agora se publica, tiña moitas ocupacións.
Pero, a verdade é que eu quería escribir de Leire, á que tiven no colo o domingo pasado, que me mira cuns ollos grandes, abertos como se quixera quedarse comigo.
Ten ano e medio, camiña con soltura, e empeza a pasar dos xestos ás palabras. É a máis nova do clan ao que pertenzo, e ven ser a miña sobriña neta, aínda que xa teño unha sobriña bisneta máis grande.
Noutrora, as boas xentes dicíanlle aos nenos un ”Deus te críe para boa fada”… pois eu, deséxolle a Leire que nunca se fixe en quen luxe este nome, que siga medrando tranquilamente, que os nomes non fan ás persoas, senón que hai persoas que luxan o nome que levan. Da nena, que nos ten conquistados a todos, confésome devoto. A Leire Díez, que Deus a ampare, que lle vai facer falla.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.