Rois crea o Bono Cultura Familia para axudar a sufragar actividades socioculturais dos menores

09 Xuño 2026

O Concello de Rois vén de poñer en marcha o Bono Cultura Familia, unha nova liña de axudas destinada a facilitar a participación de nenos e nenas en actividades socioculturais e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación laboral e familiar das persoas residentes no municipio.

A iniciativa permitirá ás familias empadroadas en Rois acceder a unha achega máxima de 150 euros anuais por menor para sufragar parte dos custos de actividades socioculturais puntuais organizadas polo Concello e que non estean incluídas na programación anual xa bonificada. O campamento de verán que se celebrará en Valdoviño será a primeira proposta na que poderá aplicarse esta nova axuda.

Segundo as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia o pasado 8 de xuño, poderán beneficiarse do programa as familias con fillos e fillas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2023, sempre que estean empadroados no municipio.

O importe da axuda descontarase directamente no momento de formalizar a inscrición na actividade correspondente, reducindo así o custo final que deberá asumir cada familia.

O Bono Cultura Familia abrangue cursos breves de carácter sociocultural, obradoiros e talleres culturais, campamentos socioculturais e de fin de semana, así como actividades puntuais relacionadas coa creación, interpretación e divulgación cultural en ámbitos como a música, o teatro, a danza, as artes plásticas, a escrita creativa, o patrimonio ou a lingua galega.

Pola contra, quedan excluídas as actividades que xa contan cun sistema propio de bonificación dentro da programación anual municipal, así como excursións, viaxes, intercambios socioculturais ou musicais. Tampouco poderá empregarse para a compra de materiais de consumo, como libros, pinturas ou instrumentos, nin para actividades cun custo inferior aos 100 euros por participante.

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Rois, mediante a instancia xeral e achegando o formulario específico dispoñible na páxina web municipal.

Con esta medida, o goberno local reforza a súa aposta por facilitar o acceso da mocidade á cultura e ás actividades educativas e de lecer, ao tempo que contribúe a aliviar os gastos que estas iniciativas supoñen para as familias do municipio.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.