Padrón impulsa o campamento de verán ‘A Vila do Mañá’, unha proposta para descubrir e imaxinar o espazo público

09 Xuño 2026

O Concello de Padrón pon en marcha este verán o campamento A Vila do Mañá, unha iniciativa que combina conciliación familiar e aprendizaxe a través do xogo e da creatividade. A actividade desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño e está dirixida a nenas e nenos de entre 5 e 14 anos.

Trátase, en palabras do Concello, “dunha proposta innovadora que lle permitirá á rapazada achegarse ao coñecemento do espazo público desde unha perspectiva diferente, empregando ferramentas vinculadas á arquitectura pedagóxica, ao urbanismo participativo, á expresión artística e ao traballo colaborativo”. O obxectivo é fomentar a observación, a reflexión e a capacidade de imaxinar como poderían ser os espazos que habitan no futuro.

O programa conta cun máximo de 50 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, e desenvolverase en horario de 07.45 a 15.15 horas. A participación será gratuíta para todas as familias.

A actividade está subvencionada polo Ministerio de Cultura e polo Concello de Padrón, reforzando así a aposta por iniciativas educativas e de conciliación durante o período estival.

As inscricións poderán realizarse entre o 10 e o 15 de xuño a través da Sede Electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Municipal. Os formularios de inscrición están dispoñíbeis na web www.padron.gal e tamén poden recollerse no Centro de Información á Muller (CIM), no edificio de Servizos Sociais, en horario de 9.30 a 14.30 horas.

A listaxe de persoas admitidas publicarase o 17 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal.

O Concello anima as familias interesadas a “formalizar a inscrición dentro do prazo establecido para participar nesta experiencia educativa que convida á rapazada a descubrir, analizar e imaxinar o Padrón do futuro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...