O músico pontevedrés Anxo Araújo estará na Horta do Muíño de Outes o 24 de xullo

08 Xuño 2026

O músico Anxo Araújo vai achegar este verán unha serie de concertos pola xeografía galega. A xira comezará o 23 de xuño en Cedeira (na praza Floreal) e proseguirá en Arteixo (no Anfiteatro) o 26 e en Cee (na Casa da Cultura) o 27.

Xa en xullo, o día 24, achegará un concerto en Outes, na Horta do Muíño.

A xira continuará en Muxía (no Camping Lago Mar) o 30 de xullo.

Xa en outono Araújo estará en Vilar de Santos (na Arca de Noé) o día 2 de outubro, e no Riquela Club de Santiago o 9 de outubro. Logo, o 24 de outubro, recalará en Cambados, no Krazzy Kray.

Ao longo das seguintes semanas iranse dando a coñecer máis datas de concertos.

Na xira presentará cancións do seu disco Aprender a bailar, de 2024, en palabras do xornalista musical Carlos Crespo (Fugas) un dos mellores discos producidos en Galicia nos últimos tempos: un segundo álbum orixinal e entregado ao pop máis saboroso que pon ao descuberto o lado máis luminoso do artista pontevedrés, que asina un traballo cheo de sensibilidade e ritmos de baile.

Tamén presentará os temas Viva a costa alentexana (2025), o seu novo traballo en formato curto (EP).

Anxo Araújo é un dos novos nomes da escena do pop independente galego.

Anxo Araújo: voz, guitarra

Faus Camaño: batería

Andrés Martínez: teclado e voces

Borja López: trombón, sintetizador e voces

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...