Laura Veiga presenta este venres “O mapa da túa sexualidade” na Casa da Cultura de Noia

05 Xuño 2026

A Casa da Cultura de Noia (Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos) acolle este venres ás 20.30 horas a presentación do libro O mapa da túa sexualidade, de Laura Veiga, ilustrado por María Montes Sueiro.

Editado por Xerais, trátase dunha “guía ilustrada clara, divertida e coidada para comprender como funcionamos por dentro e por fóra”.

Sinopse

Sabías que a túa sexualidade é como un mapa que se vai debuxando a medida que medras? Un mapa cheo de camiños, preguntas, emocións e descubrimentos que te axudan a entender quen es e como te relacionas co mundo. Neste libro atoparemos unha guía clara, divertida e coidada para comprendermos como funcionamos por dentro e por fóra: o corpo que medra, os sentimentos que ás veces enredan, o xénero, o desexo, a orientación sexual… e moito máis!

A autora

Laura Veiga (Gondomar, 1997) é xornalista, sexóloga e divulgadora científica. En 2020 puxo en marcha Pingando, un proxecto dedicado á divulgación menstrual e á educación sexual en redes sociais. Imparte obradoiros para crianzas, adolescentes, familias e profesorado en centros educativos, creando espazos seguros onde preguntar, aprender e desaprender. Participou en diferentes encontros de divulgación con charlas como Máis diversidade, mellores resultados, Un percorrido polo tabú menstrual ou Vampiresas, histéricas e feas. En 2022 recibiu o Premio Pioneiro no certame Youtubeiras polo seu labor divulgador.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.