De Santiago a Barcelona pasando pola Rede: Alba Domínguez impulsa co apoio da comunidade internauta a súa curta de terror “Foix”

04 Xuño 2026
Cartaz da curtametraxe Foix

O talento galego segue a abrirse camiño, estes días a moza compostelá Alba Domínguez Pena, con estreitas ligazóns coa parroquia de Castiñeiras, comeza a súa campaña de crowdfunding ou micromecenado na plataforma Verkami para a súa curtametraxe Foix. Logo de moito tempo escribindo e preparando este proxecto, traballo final do último ano de Dirección Cinematográfica na Escola de Cinema de Barcelona (ECIB), coa dirección de fotografía de Miranda Arjona Rodríguez, Alba está a piques de comezar a rodaxe da súa primeira curta de ficción.

Para poder facer realidade esta idea visual puxo en marcha a dita campaña en Verkami, unha plataforma de micromecenado onde as persoas poden apoiar proxectos mediante achegas para facer realidade traballos independentes coma este. Segundo a cineasta, calquera axuda é benvida por pequena que sexa, tamén é moi importante o feito de difundir o proxecto, dando a coñecer ás nosas artistas e amosando apoio de comunidade.

Alba Domínguez en Couso, Aguiño

Indo ao proxecto en cuestión, Foix é un lugar concreto: Torrelles de Foix, un pobo mais tamén unha sensación de estar atrapada ou afundida nun lugar sen aparente saída, nun foxo. Foix, é en palabras da autora: un ollar íntimo sobre as relacións atravesadas polo control e a dependencia, e pola dificultade de romper con elas. En canto ao xénero desta curta, pódese achegar ao terror psicolóxico sen apoiarse no fantástico, senón no cotián, entendendo o xénero como ferramenta para falar de medos reais.

Alba estuda Dirección Cinematográfica en Barcelona e sempre que pode volta a Compostela e a Castiñeiras para recompilar historias, procurar inspiración e cargar as pilas para os seus proxectos.

A cineasta Alba Domínguez Pena

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.