“A formigoneiras brancoazuis, de volta en Riazor” – Antón Luaces

01 Xuño 2026

Estou convencido de que o retorno do Deportivo á Primeira División do fútbol español é tan merecido polo equipo e a xunta directiva deste como pola afección, que souberon agardar oito anos a que se producise esa volta sen nunca ter renunciado á posibilidade de ver a evolución dos seus xogadores no céspede de Riazor fronte a outros equipos da mesma categoría (sen desbotar os torneos europeos, en absoluto alleos ao historial do centenario club galego) e sen que minguara o número de socios.

Onte o Depor pechou no estadio de Riazor a tempada 2025/2026 enfrontándose ao Las Palmas nun partido sen historia deputado polos deportivistas desde a conformidade co resultado de 1-2 (a prol do equipo grancanario, evidentemente). Este resultado, malia ser contrario aos intereses do equipo coruñés, non creou ningún incomodo. Houbo conformismo -certamente o Depor non se esforzou en demasía para gañar o encontro- e os seareiros tampouco amosaron moito desgusto co acontecido. Invadiron o campo desoíndo os chamados a non facelo e as buguinas dos camións formigoneiras de Carballo, coas cores tradicionais azul e brancas a xirar constantemente na cuba cementeira, fixo que moitos lembraran a Fran, Bebeto, Manuel Pablo, Mauro Silva e compaña que fixeron realidade a consecución dos seis títulos oficiais que o club loce nas súas vitrinas.

Ábrese deste xeito un novo período, coma sempre ilusionante para a cidade e Galicia, no que é obrigado incluír ao Celta de Vigo que pasea a cor celeste polos campos de fútbol de Primeira de España e Europa e que, como é tradicional, significará asimesmo a posta a punto da non menos tradicional rivalidade futbolística entre ambos.

Que sexa para ben, no marco dunha rivalidade ben entendida e fraterna.

Outros artigos

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.