O Máster Nacional de Futbolín “A Riola” chega a Outes a finais de xuño

28 Maio 2026

O Pavillón de Outes albergará en xuño a segunda edición do Máster Nacional de Futbolín A Riola, no que o ano pasado participaron preto dun centenar de persoas. A cita, que se celebra do 26 ao 28 de xuño, disputarase en tres modalidades: parado, movemento e feminino.

Na presentación da actividade que tivo lugar este xoves 28 de maio na Casa do Concello, o alcalde Francisco Calo fixo especial fincapé en que non se trata dunha proba máis a nivel deportivo senón que tamén garante “unha fin de semana chega de xente chegada doutros lugares ata a nosa vila”. Lembrou que o ano pasado achegáronse persoas de Asturias ou Castela León e que “eses días a localidade converterase no epicentro deste deporte tradicional a nivel nacional, xa que se agarda unha participación superior ás cen parellas”.

Tamén asistiu á presentación Domingo Castelo, de A Raiola, quen explicou que para o seu club este evento é moi importante e despois do éxito da primeira edición, agardan que neste 2026, o campionato se consolide no calendario dos afeccionados ao futbolín, puxo en valor a importancia dunha competición destas características e agradeceu tamén en nome do colectivo que representa, a implicación que o Concello de Outes ten con esta iniciativa.

Antonio Caamaño, edil de Deportes, pechou o acto recordando que non só haberá futbolíns para o campionato senón tamén os visitantes poderán adestrar e probalos durante os tres días da proba. Recordou tamén Caamaño que a entrada será libre e haberá acampada para os asistentes.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.