Concello de Boiro colabora co Club de Taekwondo Malamia no desenvolvemento do Campionato Galego

28 Maio 2026

O Pavillón de Barraña acolle os días 30 e 31 de maio o Campionato Galego Escolar de Combate e o Campionato Galego Exhibición de Hapkido que organiza o Club de Taekwondo Malamía. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Daniel Torrado, presidente do club Malamia; Renso Renso Rodríguez, director de arbitraxe da FGT; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA.

O sábado desenvolverase, a partir das 9.30 horas, o Campionato Galego Exhibición de Hapkido que se realiza por primeira vez no noso concello. “O ano pasado celebramos o escolar con moi bos resultados e este ano agardase a participación durante toda a fin de semana de 500 deportistas”, afirmou Daniel Torrado.

E o domingo celebrarase o Campionato Galego Escolar de Combate que se celebrará en horario de mañá e tarde. “Dende a Federación estamos moi contentos de poder organizar aquí este evento por terceiro ano consecutivo e que aumente a participación”, recoñeceu Renso Rodríguez.

“O deporte de contacto axuda aos rapaces e rapazas a mellorar como persoas polos valores de discipina e respecto” afirmou a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, que lle desexou sorte a todos os deportistas que van participar nesta proba.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a presenciar “outro gran evento deportivo que se desenvolve no noso municipio” e agradeceu a implicación do club por traelo a Boiro, “porque o deporte, ademais dos beneficios xa coñecidos para a saúde, tamén redunda na economía do noso pobo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.